
Nove nas Escolas
NOVE nas escolas é unha iniciativa do Grupo NOVE en colaboración coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) que achega a cociña profesional e o produto galego certificado ao alumnado das escolas de hostalería de Galicia a través de masterclass e showcookings.
O proxecto concíbese como unha conversa directa entre cociñeiros e alumnado, na que as charlas cos produtores permiten poñer en valor o produto galego, a súa orixe e a súa calidade, mentres que o intercambio cos cociñeiros achega unha visión real e honesta da profesión, dos seus retos, do día a día no sector e das distintas vías de desenvolvemento profesional.
Destas visitas aos centros educativos xorde este receitario, que recompila as receitas elaboradas durante os encontros e serve como reflexo do espírito do proxecto: unha cociña conectada co territorio, co produto e co futuro da gastronomía galega.
CIFP Vilamarín
O CIFP de Vilamarín, situado na provincia de Ourense, é un centro público nunha contorna rural privilexiada que combina tradición e innovación, referente nas familias profesionais de Hostalaría e Turismo, Industrias Alimentarias e Agraria, con instalacións de vangarda e espazos que reproducen contornos reais de traballo.
Álvaro Villasante | 16 horas
Prensa de lacón con bacallau e teriyaki galego (IXP lacón de Galicia)
Álvaro Villasante | 2 días 5 horas
Terrina de nabizas con pescada en semiconserva e grelos escolleitos (IXP grelos de Galicia)
Álvaro Villasante | 12 horas 45 min
Milfollas de orella de entroido con crema montada de azahar e sorbete de iogur e mel (IXP mel de Galicia)
Javier González | 20 minutos
Sopa quente de queixos galegos premiados e crocante de castañas IXP
Javier González | 2 horas
Grelos IXP de Galicia con porco celta e xelatina de faba de Lourenzá
Javier González | 50 minutos
Bica de castaña IXP con marmelada de figos, escuma de café e crocante
IES de Foz
Centro público da Mariña con formación dende a FP Básica ata Ciclos Superiores de hostelería, tanto cociña como sala, tamén oferta modular de adultos. Formación de calidade e individualizada.
CIFP Carlos Oroza
Centro público de referencia en Galicia na formación profesional en hostalería, turismo e industrias alimentarias. É un centro onde formamos profesionais cunha mirada aberta, comprometidos coa cultura gastronómica galega e o coidado do noso territorio.
CIFP Compostela
Situado en Lamas de Abade, conta con case sesenta anos de traxectoria na formación de profesionais en Hostalaría e Turismo. Destaca polo seu compromiso coa profesionalización do sector, a calidade técnica do seu profesorado e pola formación de miles de estudantes.

























