Sopa quente de queixos galegos premiados e crocante de castañas IXP

Javier González

Elaboración


Sopa

  • Quentar a cebola refogada nunha pota.
  • Engadir a fariña e cociñar durante 2 minutos, sen que colla cor.
  • Incorporar o caldo e a nata, removendo constantemente.
  • Levar a unha fervenza suave, engadir os queixos e apagar o lume.
  • Deixar repousar 2 minutos, triturar e coar.
  • Axustar o punto de sal e pementa.

Crocante

  • Mesturar todos os ingredientes e amasar ata obter unha masa homoxénea.
  • Deixar repousar 2 horas.
  • Estirar a masa a 1 cm de grosor e cortar tiras de 15 × 2 cm.
  • Cocer no forno a 185 ºC durante 15 minutos.
  • Deixar arrefriar ata que resulte crocante.
descargar receita

Ingredientes (6 persoas)

Para a sopa

150ml de nata líquida
200 g de queixo San Simón D.O.P., cortado miúdo
75 g de queixo Cebreiro curado
75 g de queixo galego artesán
1/2 cebola picada e refogada
1 l de caldo de ave
25 g de fariña de trigo
Sal e pementa branca

 

Para o crocante

125 g de fariña de castaña IXP
125 g de fariña de trigo
½ dl de nata
1,5 dl de auga
1 ovo
10 g de fermento
15 g de sal