Ovo, San Simón e Porco Celta
Héctor López

Elaboración
Panceta
- Cortar a panceta en tiras.
- Saltear ata que solte a súa graxa.
- Reservar a graxa e escorrer a panceta sobre papel absorbente.
Escuma de San Simón
- Infusionar a codia do queixo San Simón na nata.
- Coar.
- Engadir o queixo relado e fundilo na nata quente.
- Emulsionar coa graxa da panceta.
- Introducir nun sifón.
Ovo
- Cocer os ovos a 63 ºC durante 45 minutos.
Montaxe
- Dispor a escuma de San Simón no prato.
- Colocar o ovo no centro.
- Engadir a panceta crocante.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)
4 ovos
Panceta de porco celta
Queixo San Simón
Nata

