Bica de castaña IXP con marmelada de figos, escuma de café e crocante
Javier González

Elaboración
Elaboración bica
- Bater os ovos co azucre ata obter unha mestura esponxosa.
- Engadir a manteiga previamente temperada e mesturar ben.
- Incorporar as fariñas peneiradas xunto co fermento.
- Verter a masa nun molde e cocer no forno a 185 ºC durante 22–25 minutos.
- Deixar arrefriar e cortar en dados regulares.
Elaboración escuma de café
- Quentar a nata co azucre e o café soluble ata que rompa a ferver.
- Retirar do lume e deixar repousar en frío un mínimo de 12 horas.
- Pasado o repouso, montar a mestura ben fría ata obter unha escuma firme.
Montaxe
- Dispor un dado de bica no prato.
- Engadir unha fina capa de marmelada de figos.
- Coroar coa escuma de café.
- Rematar con migas de galleta e láminas finas de castaña seca previamente hidratada.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)
Para a bica
65 g de fariña de castaña IXP Castaña de Galicia
25 g de fariña de trigo
2 ovos
100 g de azucre
65 g de manteiga
2 g de fermento químico
Para a escuma de café
½ l de nata (35 % materia graxa)
65 g de azucre
15 g de café soluble
Para a terminación
1 dl de xelea de bagas de sabugueiro
30 g de marmelada de figos á canela
15 g de castaña seca IXP Castaña de Galicia
20 g de galletas artesás de castaña
20 g de galletas artesás de cacao

