Menestra de verduras ecolóxicas con mexillóns DOP mexillón de Galicia

Antonio Botana

Elaboración


Base

  • Lavar e trocear as verduras.
  • Abrir os mexillóns ao vapor e reservar tanto a carne como o caldo.

Cocción

  • Refogar as verduras durante 5 minutos.
  • Engadir o fumet de peixe e o caldo dos mexillóns.
  • Cocer durante 5 minutos.
  • Incorporar o kimchi e os mexillóns.
  • Pasados 2 minutos, engadir o leite de coco.
  • Cociñar 2 minutos máis e retirar do lume.

Montaxe


  • Servir en pratos fondos unha ración de menestra de verduras ecolóxicas con mexillóns.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)

Surtido de verduras ecolóxicas de tempada

1 l de fumet de peixe

1 kg de mexillóns

500 ml da auga de cocción dos mexillóns

3 culleradas de kimchi

1 lata de leite de coco