Tartaleta de Arzúa-Ulloa dop, marmelada de kiwi e crumble de mel IXP
Beatriz Sotelo

Elaboración
Marmelada de kiwi
- Pelar os kiwis.
- Cocer o 80 % da froita co azucre ata obter textura de marmelada.
- Retirar do lume e engadir o 20 % restante para manter cor e frescura.
- Arrefriar e reservar.
Crumble
- Mesturar todos os ingredientes.
- Estirar sobre silpat e enfornar a 160 ºC durante 12 minutos.
- Arrefriar, esmigallar e reservar.
Crema de Arzúa-Ulloa
- Infusionar as peles de San Simón en 100 g de nata.
- Coar.
- Fundir o queixo co azucre e engadir a xelatina previamente hidratada.
- Montar o resto da nata e incorporar á mestura.
- Reservar en manga.
Tartaletas
- Cortar a pasta filo cun cortapastas.
- Pincelar con manteiga e superpoñer 4 capas.
- Enfornar entre moldes de tartaleta a 160 ºC durante 8 minutos.
- Arrefriar e reservar.
Montaxe
Dispor o crumble de mel no prato.
Rechear a tartaleta coa crema de Arzúa-Ulloa.
Rematar coa marmelada de kiwi e máis crumble.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)
Para as tartaletas
Pasta filo
Manteiga
Para a crema de Arzúa-Ulloa
200 g de queixo Arzúa-Ulloa DOP
Peles de queixo San Simón (c/s, para infusionar)
250 g de nata para montar
100 g de azucre
3 follas de xelatina
Para o crumble de mel IXP
25 g de mel
25 g de manteiga
25 g de fariña de améndoa
25 g de fariña de trigo
1 chisco de sal
Para a marmelada de kiwi
100 g de kiwi
50 g de azucre

