Merluza con fabas de Lourenzá en escabeche

Héctor López

Elaboración


Fabas

  • Poñer as fabas en remollo a noite anterior.
  • Ao día seguinte, desbotar a auga e cocer en auga limpa ata que estean tenras, evitando que se rompan.

Merluza

  • Limpar e racionar a merluza.
  • Cociñar en forno de vapor a 65 ºC ata que acade 49 ºC no seu interior.

Escabeche

  • Nun cazo, quentar o aceite e dourar os allos.
  • Engadir a cebola e a cenoria en xuliana, xunto co loureiro e a pementa.
  • Cando as verduras estean pochadas, incorporar o pemento doce e refogar.
  • Engadir o vinagre e retirar do lume.
  • Deixar arrefriar, retirar o loureiro e triturar ata obter unha emulsión homoxénea.

Montaxe


  • Mesturar as fabas coa emulsión de escabeche.
  • Dispor nun prato fondo e colocar a merluza enriba.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)

600 g de merluza (aprox. 150 g por ración)

1 kg de fabas de Lourenzá

4 dentes de allo

2 cebolas

2 cenorias

120 ml de aceite de oliva

120 ml de vinagre

12 grans de pementa

2 follas de loureiro

1 cullerada de pemento doce

Sal (c/s)