Tiramisú de castaña de Galicia IXP ao licor café

Javier Rodríguez “Taky”

Elaboración


Castañas

  • Cocer as castañas a lume suave nun almibre de auga e azucre xunto coas cascas de cítricos e a canela durante aproximadamente 30 minutos.
  • Retirar os aromáticos e trocear as castañas, mantendo certa textura.

Escuma

  • Mesturar todos os ingredientes.
  • Quentar suavemente, triturar e coar.
  • Introducir nun sifón, cargar con dúas cargas e arrefriar durante polo menos 2 horas.

Montaxe


  • Cortar a bica en anacos e dispor no fondo de recipientes individuais.
  • Mollar coa mestura de café e licor café.
  • Engadir unha capa de castañas.
  • Cubrir coa escuma de queixo.
  • Espolvorear con cacao en po.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)

125 g de bica artesá
75 ml de café concentrado
75 ml de licor café
250 g de castaña de Galicia IXP
500 ml de auga
200 g de azucre
Casca de ½ laranxa
Casca de ½ limón
1 pau pequeno de canela

 

Para a escuma
250 ml de leite
200 ml de nata
125 g de queixo Tetilla
25 ml de licor café
85 g de azucre

 

Outros
Cacao en pó