Fabas de Lourenzá IXP en caldeirada de ameixas con codium fresco

Iván Domínguez

Elaboración


Fabas

  • Cocer a faba de Lourenzá coa cebola, o allo, o loureiro e o sal durante aproximadamente 35 minutos a 90 ºC.

Caldeirada de ameixas

  • Refogar a cebola, o allo e a guindilla en aceite de xirasol.
  • Engadir o viño branco e deixar evaporar o alcohol.
  • Incorporar as ameixas e tapar ata que se abran.
  • Retirar e triturar a carne das ameixas xunto co aceite, o viño e as verduras ata obter unha crema fina.

Remate

  • Rematar de cocer as fabas na crema de ameixas ata que queden ben integradas.

Montaxe


  • Servir as fabas nun prato fondo.
  • Engadir codium fresco e rematar con unhas gotas de aceite de oliva virxe extra.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)

600 g de faba de Lourenzá IXP fresca ultraconxelada

½ cebola

2 dentes de allo

2 follas de loureiro

Sal

Auga

1 kg de ameixa branca

1 cebola

1 dente de allo

1 guindilla vermella

200 ml de aceite de xirasol

400 ml de viño branco

50 g de codium fresco

Aceite de oliva virxe extra