Grelos de Galicia IXP á crema de nabo
Iván Domínguez

Elaboración
Crema de nabo
- Asar os nabos pelados coa manteiga e o sal ata que estean tenros.
- Triturar ata obter unha crema espesa e emulsionada.
Grelos
- Escorrer os grelos e saltealos lixeiramente con aceite de oliva.
- Mesturalos coa crema de nabo.
Guarnición
- Fritir os dados de pan de centeo ata que estean crocantes.
- Cortar o chourizo en rodas.
Montaxe
- Dispor a crema de grelos no prato.
- Engadir os dados de pan e o chourizo.
- Rematar con unhas gotas de aceite de oliva virxe extra.
descargar receita

Ingredientes (4 persoas)
1 lata de grelos á Rosalera IXP
12 dados de pan de centeo
1 chourizo afumado lixeiramente picante
3 nabos
150 g de manteiga
Sal
Aceite de oliva virxe extra

