Os restaurantes NOVE convírtense en salas de exhibición en apoio á enfermidade de Dent

 

A asociación Art for Dent uniu forzas coa agrupación de cociñeiros e cociñeiras NOVE para darlle visibilidade á esta doenza minoritaria que afecto aos riles.
Arte e gastronomía únense neste proxecto formando un binomio ideal a favor da investigación e a creatividade.

 

Art for Dent, Asociación Galega da Enfermidade de Dent nace en maio de 2021 a iniciativa dun grupo de familias galegas de Muros, Pontevedra, Lugo e Brión, con nenos afectados por esta enfermidade, unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles.

Esta asociación utiliza a arte para visibilizar esta doenza minoritaria. Xuntos levan a cabo todo tipo de accións para dar a coñecer a enfermidade e recadar fondos para axudar na financiación da súa investigación. Neste caso a asociación uniu forzas coa agrupación dos cociñeiros e cociñeiras NOVE para utilizar os seus restaurantes como salas de exhibición.

 

Art for Dent e NOVE

O obxectivo principal da unión entre a asociación e a agrupación de cociñeiros é visibilizar a enfermidade. A Hugo, un dos nenos que padece desta doenza, encántalle pintar cadros, e guiado polo seu pai, comezou este proxecto en pleno confinamento, inspirándose en obras de Francis Bacon. Ata finais de ano os trazos de Hugo estarán expostos nos diferentes restaurantes NOVE, en cada restaurante un cadro, para que os comensais poidan coñecer a enfermidade de Dent de primeira man. Desta forma, poderán contemplar as obras de arte de Hugo mentres desfrutan da cociña de NOVE.

As persoas que visiten os restaurantes NOVE poderán desfrutar de “My Selfie” a obra favorita de Hugo ou “Ladrón de sueños”, unha homenaxe que o pequeno lle quiso facer a Pau Donés. Os cadros non están en venda pero pódese levar un ”pedaciño” deles a
través das camisetas ou tazas que venden na web do Rei Zentolohttps://reizentolo.es/525-art-for-dent e cuxo importe íntegro vai destinado directamente á investigación. Tamén poden visitar a web de Art for Dent se queren coñecer outras formas de colaborar – https://artfordent.es/

 

A enfermidade de Dent, unha doenza dos riles

A enfermidade de Dent está recoñecida como minoritaria. É unha doenza xenética provocada por unha mutación no cromosoma X que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles. Éstos deixan de facer grande parte do seu traballo e provoca que o organismo non asimile elementos básicos para a vida como o potasio, magnesio, proteínas, vitaminas, calcio…

A día de hoxe esta doenza non ten cura nin tratamento, por iso o principal obxectivo da asociación é conseguir fondos para apoiar aos grupos referentes da investigación desta enfermidade: NefroChus (Hospital Clínico de Santiago de Compostela) –www.nefrochus.com– e no Vall d ́Hebrón (Barcelona) – www.vhir.org

 

Listado de cadros que se expoñen nos restaurantes NOVE:

“Mariano”. Paprica
“Pepe”. A Gabeira
“Fernando”. España
“Yago”. Silabario
“Rallo”. O Balado
“El Escondite I”. A Parada das Bestas
“El Escondite III”. Nova
“Ladrón de sueños I”. Bido
“Ladrón de sueños II” Maruja Limón
“Despertando del sueño”. O Camiño do Inglés
“Vomitando sombras”. Salitre
“En la playa tomando el sol”. NaDo
“Subiendo hasta el fin del mundo”. Retiro da Costiña
“La enfermedad naranja”. A Tafona
“La sombra del miedo”. O Eirado
“Cara oculta”. Casa Solla
“My Selfie”. Culler de Pau

 

Para máis información preme aquí