Os cociñeiros da agrupación Nove aconsellan consumir peixe nestes días de confinamento
Un importante mecanismo de protección ante o coronavirus é reforzar o noso sistema inmune a través dun bo aporte alimenticio como o que supón o consumo de peixe.
Ante o momento que estamos a vivir é de suma importancia reforzar as defensas do noso organismo. Desta forma, podemos fortalecer o noso sistema inmunolóxico mantendo unha dieta sana e equilibrada.
A dieta atlántica, na que o peixe está moi presente, é considerada polos expertos en nutrición fundamental para manter un sistema inmunolóxico forte. E isto ocorre porque o peixe é un dos alimentos máis completos xa que nos aporta:
- Minerais esenciais como o iodo, o calcio, o fósforo ou o selenio. E cinc, ferro e potasio que conteñen os mariscos.
- Ácidos grasos Omega-3, presentes sobre todo nos peixes azuis e moi recomendables para os adultos maiores xa que exercen un efecto protector no sistema cardiovascular.
- Aminoácidos esenciais nas proporcións que o noso organismo precisa.
- Vitaminas do grupo B e unha importante cantidade de vitaminas liposolubles como as vitaminas A, D e E presentes no peixe graso ou azul.
- Ácidos grasos poliinsaturados e ácidos grasos esenciais
Ademáis o peixe é un alimento que sacia pero contén un baixo ou moderado valor calórico o cal nos axudará a manter unha dieta equilibrada se o consumimos 2 ou 3 veces por semana. É fácil de cociñar, sabroso e de fácil dixestión.
Como organizar a compra para incluir o peixe no noso menú diario?
Pola súa calidade nutricional, o consumo de peixe considérase a alternativa adecuada ao consumo doutro tipo de alimentos que, ainda que tamén teñan un alto valor proteico, ofrecen unha peor calidade da graxa.
Para poder incluir o peixe na nosa dieta nestes días nos que o mellor é sair a facer a compra o menos posible, é fundamental unha boa organización. Desta forma, desde Nove recomendamos organizar os alimentos que temos na casa, de maneira que teñamos control de todo o que xa temos; organizar o que imos comer e cear cada día e facer unha lista do que precisamos mercar sen deixar fóra ningún dos grupos alimenticios necesarios para manter unha dieta saudable.
Unha vez no mercado, o ideal é levar peixe fresco para consumir nese día e no seguinte e tamén mercar peixe para conxelar e así ter cuberta a súa inxesta durante bastantes días. Neste sentido podemos, por exemplo, levar para consumir fresco peixes azuis e levar para conxelar peixes planos ou rape, que son os que mellor conxelan. A maiores, tamén podemos reforzar o seu aporte nutricional mercando peixe e marisco en conserva como o atún, as sardiñas, a xarda ou as navallas.
Unha vez cheguemos a casa coa compra e se precisamos aproveitar ben o espazo no conxelador, o ideal é meter o peixe xa listo para consumir, limpo e en filetes ou porcións pequenas posto que ocupará menos espazo.
E como o podemos preparar?
O peixe é un alimento moi versátil e admite múltiples preparacións, o cal convirte o menú diario nun menú máis divertido e apetecible. Pódemolo acompañar de verduras ou cereais.