NOVE participou nun diálogo entre colectivos dentro do Galicia Forum Gastronómico

 

O pasado martes 27 de setembro, NOVE, representado polo seu presidente Daniel Guzmán, participou nun diálogo no que tamén estiveron presentes os representantes dos distintos colectivos: Javier Freijeiro de Coruña Cociña, Gerson Iglesias de Ourense Cociña, Bruno Pena de Cociñeiros Lugo e Raquel Suarez de Vigo Gastronómico.

A cita tivo lugar ás 18 horas no auditorio do forum e puideron compartirse temas como os horarios, a conciliación do persoal, a subida dos prezos nas materias primas, os produtores locais e debatir en torno ao papel dos colectivos dentro da gastronomía ou a situación actual da hostalería galega.

Ao finalizar a charla todos os integrantes dos distintos colectivos que estaban presentes no forum fixeron unha foto grupal como símbolo desa unión entre colectivos que impregnou todo o faladoiro.