Nove finaliza o ano con 14 estrelas Michelín e 3 estrelas verdes

O restaurante Pepe Vieira logra a segunda estrela, convertíndose, xunto con Culler de Pau, no único restaurante con este distintivo.

Os recén chegados a NOVE, Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, logran para o seu restaurante Ceibe a súa primeira estrela Michelín.

Nesta última gala Michelín Galicia obtivo 3 novas estrelas. Dentro da agrupación de cociñeiras e cociñeiros obtiveron estrelas: Pepe Vieira, que conseguiu a segunda segunda estrela para Galicia, tras a de Culler de Pau e Ceibe que lograron a súa primeira estrela. Desta forma, máis da metade dos cociñeiros NOVE teñen un restaurante que conta con estrela Michelín.

O restaurante Pepe Vieira gana a súa segunda estrela Michelín, que se suma á estrela verde que gañou no 2021. A guía Michelín premia un proxecto que se fundamenta na identidade, na historia e na tradición galegas, que bebe da súa contorna, e que sorprende plasmando “A última cociña do mundo” en cada prato.

Pola súa banda, o restaurante Ceibe gana a súa primeira estrela Michelín. Un proxecto de vida que busca rememorar as antigas casas galegas nun espazo onde non existen barreiras entre a cociña e a sala e coa contorna sempre presente a través dos seus pratos.