Nove finaliza o ano con 12 estrelas Michelín e as únicas 3 estrelas verdes de Galicia
Esta última gala Michelín foi unha gala exitosa para Galicia e para NOVE. Dentro da agrupación de cociñeiras e cociñeiros obtiveron estrelas: Culler de Pau, que conseguiu a primeira segunda estrela para Galicia e Silabario e O Eirado que lograron a súa primeira estrela. Desta forma, a metade dos cociñeiros NOVE teñen un restaurante que conta con estrela Michelín.
Ademáis, seguindo a estela de traballo da agrupación, que aposta pola sostibilidade, a saúde e os produtos de cercanía e tempada, tres dos cociñeiros do grupo foron premiados cunha estrela verde – das 21 que se repartiron en todo o país – unha nova categoría outorgada pola guía que pon en valor a sostibilidade dos restaurantes. Pepe Vieira(Pepe Vieira) , Roberto Filgueira (O Balado) e Javier Olleros (Culler de Pau) xa contan nos seus establecementos con esta nova distinción Michelín.