Charla NOVE en torno ao mar, a sostibilidade e a gastronomía dentro do Festival Mar de Mares

 

O pasado domingo ás 19 horas celebrouse na carpa instalada por Estrella Galicia no Festival Mar de Mares (A Coruña) unha charla sobre impacto positivo como peche ao festival.

Miguel A. Campos, Antonio Botana e Manuel Costiña falaron sobre como debe ser o impacto positivo da gastronomía para coidar os nosos mares. Que hábitos podemos levar a cabo desde as nosas cociñas, como aproveitar os descartes do peixe ou como retomar a economía circular, son algúns dos temas que os tres cociñeiros NOVE compartiron cos asistentes.