Concurso de Cociña “En ASPACE cociñamos xuntos”

Federación ASPACE-Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como misión favorecer a coordinación e a cooperación entre as asociacións de paralise cerebral e outras entidades, de forma que coa suma da unión e a forza das mesmas, se logre a igualdade de oportunidades das persoas con paralise cerebral.

Unha das accións que levan a cabo é o seu Concurso de Cociña “En ASPACE cociñamos xuntos”, no cal todos os anos colabora NOVE enviando a varios dos seus cociñeiros e cociñeiras a formar parte do xurado.

O concurso consiste en que varios equipos integrados por participantes con parálise cerebral de ASPACE Coruña, Amencer, APAMP e Aspace Lugo acompañados dun familiar ou profesional da súa entidade preparan as súas receitas centrándose nun produto en concreto. Fanse varias semifinais por cidades e despois unha final. Os cociñeiros e cociñeiras NOVE forman parte do xurado tanto nas semifinais como na final, probando as tapas de todos os participantes. Na final escóllese a un equipo gañador na modalidade de receita texturizada e outro equipo gañador na modalidade tradicional

Ademais, NOVE tamén colabora ofrecendo como premio a cada un dos gañadores unha comida ou cea a desfrutar nun dos restaurantes NOVE.

 

Máis info: aspacegalicia.org