Proxecto Os sentidos da memoria de FAGAL
FAGAL é a Federación Alzhéimer Galicia e está composta por 15 asociacións galegas de alzhéimer, que suman máis de 5.000 familias e que prestan múltiples servizos a través de 260 profesionais do sector sociosanitario. Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación, sensibilización e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodexenerativa.
Neste ano 2024 decidiron lanzar o proxecto Os sentidos da memoria e contar coa colaboración de NOVE para levalo a cabo, debido á importancia da cociña como actividade que fomenta a activación da memoria e a participación dos maiores en accións que lles fagan gozar.
Este proxecto consiste en reunir a distintas parellas de cociñeiros e cociñeiras NOVE con usuarias de FAGAL e que leven a cabo a preparación dunha das receitas do recordo das usuarias nun restaurante NOVE. Esta preparación servirá para realizar fotos que darán lugar a un libro de receitas e para elaborar un vídeo resumo de todas as xornadas.
Agora mesmo este proxecto atópase no proceso de montaxe do libro recetario e do video resumo.