NOVE participa nun capítulo do programa A Porta Aberta da Televisión de Galicia

Catro cociñeiros participaron en representación de toda a agrupación nun programa adicado a mostrar o percorrido do grupo.

Ao longo do capítulo, que se emitiu o 2 de xaneiro, Juan Crujeiras, Daniel Guzmán, Lucía Freitas e Javier Olleros charlaron sobre os inicios do grupo, os valores compartidos e os temas que máis preocupan ao grupo actualmente, así como a súa visión de futuro sobre a profesión.

A gravación levouse a cabo nas distintas estancias do restaurante Culler de Pau de Javier Olleros.

Podes ver o vídeo nesta ligazón: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/grupo-nove-5900223?t=1352