NOVE colaborou coa I edición do festival solidario Nós seus pés celebrada en Lugo

Os xardíns da Deputación acolleron o venres 3 de maio unha sesión de tapeo na que
once cociñeiros, nove deles pertencentes a NOVE, prepararon as súas propostas
para recadar fondos para o grupo de voluntarios ProemAID que rescata a migrantes
en alta mar.

Entre os fogóns estiveron Álvaro Villasante, que promoveu este evento
na cidade de Lugo, Javier Olleros – que arrincou esta iniciativa en O Grove -, Iñaki
Bretal, Lucía Freitas, Daniel Guzmán, Xosé Magalhaes, Héctor López, Alejandro
Méndez, Pablo Vila, María Varela e Xoán Crujeiras.

Os cociñeiros recibiron a axuda do alumnado da escola de hostalería IES Sanxillao
(Lugo).