I Congreso ACDgal

 

A Asociación de Centros de Día de Galicia (ACDgal) celebrou o 21 e 22 de novembro do 2021 no monte do Gozo (Santiago de Compostela) o seu primeiro congreso ACDgal, un congreso enfocado en identificar novos retos para lograr unha nova vellez e dirixido a directores/as e traballadores/as dos centros de día de Galicia.

A alimentación dos maiores é unha das preocupacións que NOVE ten moi presente, por iso decidimos poñernos en contacto con esta asociación e así foi como xurdiu a oportunidade de que dous dos nosos cociñeiros acudiran ao congreso en representación do grupo.

Desta forma, Yayo Daporta e Javier Rodríguez “Taky” ofreceron unha charla dentro do congreso sobre alimentación e calidade de vida. Coa súa intervención trataron de amosar a necesidade de buscar o vínculo emocional da comida máis aló do cumplimento meramente nutricional. Que a comida te faga sentir algo e te traia recordos de momentos,  de tempos e do territorio no que habitas (por exemplo, comer orellas e lacón no entroido).Intentar vincular aos maiores co servizo de catering dos centros de día para crear un momento de disfrute e divertimento aorredor da comida. Todo isto, ademáis, pode axudar na estimulación da memoria e a xerar emocións.

Máis información: https://acdgal.es/

Vídeo resumo do congreso: Vídeo resumen I Congreso