Daniel López e Javier Olleros entre os gañadores dos soles Repsol 2023
Daniel López e todo o seu equipo de O Camiño do Inglés (Ferrol) recibiron onte na gala dos soles Repsol, que este ano se celebrou en Alicante, o seu segundo sol Repsol.
Ademais, Javier Olleros e o seu equipo de Culler de Pau recibiron un dos catro soles sostibles que se entregaron, galardón que reivindica as propostas gastronómicas que apostan pola sostibilidade centrada na loita contra o cambio climático e o uso responsable do produto.
Con estes novos soles, NOVE acumula entre os seus integrantes 34 soles Repsol e 1 sol sostible.