A horta do CEIP Campolongo

 

O CEIP Campolongo levou a cabo durante o curso escolar 2020/2021 o proxecto A horta viaxeira, baseado nunha horta municipal que o colexio traballou con axuda dos nenos e as súas familias, de forma que cada semana cada neno levaba o caderno co traballo a realizar na horta e os instrumentos necesarios e coidaba dela con axuda da súa familia, para así entre todos colaborar no proceso.

Para pechar todo o ciclo de cultivo e como fin da actividade, decidiron facer unhas xornadas cos alumnos nos que diferentes cociñeiros lles ensinaran a preparar pratos saudables e ricos cos produtos recollidos na horta. Por parte de NOVE acudiu a estas xornadas o cociñeiro Iñaki Bretal.

 

Máis información: https://www.canalriasbaixas.com/2021/06/22/a-rapazada-do-colexio-campolongo-despide-o-horta-chef-cunha-macedonia-de-inaki-bretal/