Festival solidario Nos seus pés para as persoas refuxiadas.
O Festival Solidario Nos Seus Pés é un festival organizado por persoas do Grove que ten coma obxectivo poñer en boca de todos os dereitos das persoas refuxiadas e recadar fondos para colaborar económicamente con Proem- aid, organización de axuda humanitaria que opera no Mediterráneo e nas Canarias rescatando a persoas que fuxiron dos seus territorios.
NOVE colabora todos os anos tanto nas edicións celebradas en O Grove no mes de outubro como á celebrada en Lugo en maio. En ambos lugares, os cociñeiros e cociñeiras NOVE encárganse, xunto con outros cociñeiros da zona, de elaborar a súa tapa solidaria e colaborar, desta forma, a conseguir unha boa recadación solidaria
Máis información: