Taller de Solidaridad
Taller de Solidaridad é unha fundación española de cooperación internacional para o desenvolvemento na procura da xustiza social, para protexer a dignidade e mellorar as condicións de vida das mulleres e dos colectivos máis vulnerables. Desde 2001, traballa en 13 países, apoiando máis de 300 proxectos beneficiando a máis de 350.000 persoas. Ademáis, e grazas ao voluntariado, promove programas de sensibilización, educación para a cidadanía global e promociona o comercio xusto e o consumo responsable.
NOVE colaborou cunha das iniciativas de TdS, , Ropa Hecha con Amor, unha marca textil responsable que ten como propósito apoiar e promocionar o emprego digno de mulleres no sector textil, confeccionando roupa con valores para trasladar mensaxes sobre unha produción e un consumo máis humano e sostible e sensibilizar aos consumidores e consumidoras.
Os cociñeiros e cociñeiras do grupo convertéronse en embaixadores en Galicia das mascarillas éticas de TdS. Ademáis, algúns dos membros apostaron pola compra de chaquetas e mandís de cociña. Ambas propostas confeccionáronse a través do Proyecto Hilandera, un taller textil ético de promoción social, que ofrece formación e emprego a mulleres en situación de vulnerabilidade que podedes coñecer nesta reportaxe do programa Para Todos la 2 de TVE.
Máis información: https://tienda.tallerdesolidaridad.org/collections/ropa-hecha-con-amor