Art for Dent

A Asociación galega da enfermidade de Dent nace da iniciativa dun grupo de familias galegas de Muros, Pontevedra, Lugo e Brión con nenos afectados por esta enfermidade.

A enfermidade de Dent é unha mutación no cromosoma X, unha dolencia minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles e que a día de hoxe non ten tratamento.

O obxectivo da asociación é dar visibilidade a esta enfermidade renal e conseguir fondos para poder apoiar aos grupos de investigación referentes da enfermidade NefroCHUS (Santiago de Compostela) e o Vall d´Hebron (Barcelona)

NOVE colabora con Art for Dent difundindo a través dos seus restaurantes o proxecto artístico e 100% solidario que levan a cabo. Desta forma, desde os meses de setembro a decembro os cadros pintados por Hugo, un dos nenos que padece a enfermidade, lucirán nas paredes dos restaurantes NOVE para así axudar a visibilizar esta doenza.

Ademáis, calquera persoa pode colaborar con Art for Dent comprando mascarillas ou camisetas cos cadros de Hugo na páxina de O Rei Zentolo ou facer unha doazón a través da web de la asociación.

 

Para máis información preme aquí