A principal mestra de Caco foi a súa nai, e é que foi no restaurante familiar onde Caco comezou a experimentar coa cociña e onde pasou a maior parte da súa carreira profesional. En 1990 os seus pais mudáronse a Malpica e abriron As Garzas. Caco comezou axudando na sala pero, tras un accidente laboral da súa nai no ano 1996, pasou a traballar na cociña e xa non quiso sair. No ano 2002, ponse á fronte do equipo e comeza a xestionar o restaurante xunto coa súa muller, María, encargándose ela da sala e el da cociña, e contando actualmente coa presenza do seu fillo, sendo así un restaurante de terceira xeración.
Ademáis, Caco dirixiu e deu clase na Escola de Hostalería de Carballo durante dous anos.
A cociña de Caco é unha cociña de produto, de tempo, de recordos e de mar. Unha cociña galega contemporánea da Costa da Morte baseada no produto local.
A destacar: Premios da Gastronomía de Galicia 2012 ao profesional máis distinguido na potenciación da cociña galega no ámbito galego
Outros proxectos: Salitre
P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 25
15002 Ferrol, A Coruña
Cal é a túa aposta en NOVE? Dar a coñecer a gastronomía galega e sentar as bases para unha hostalería conciliadora e sostible para futuras xeracións.
Define a túa cociña nunha frase Cociña de recordos.