NOVE leva a cabo en colaboración con Cafés Candelas un proxecto formado por diferentes vídeos nos que poderemos desfrutar das charlas dos cociñeiros e cociñeiras arredor dun café.
Pepe Vieira e Iván Domínguez charlan sobre liderazgo, equipo e tradición.
Rafa Centeno e Héctor López charlan sobre o concepto de gastronomía nos últimos anos, os seus comezos e a súa relación co café.
Javier Rodríguez "Taky" e Daniel Guzmán falan sobre a Galicia interior, a situación actual da hostalería e da súa orixe gastronómica.
Lucía Freitas e Pepe Solla charlan sobre os seus proxectos, o contacto co cliente e o seu proceso creativo mentres desfrutan dun café.