“Un Café con NOVE - Portugal” é un proxecto de NOVE e Cafés Candelas, no que a cociña galega se atopa coa cociña portuguesa, ambas arraigadas na rica tradición atlántica. Nesta segunda edición, catro parellas de chefs —un de NOVE e outro de Portugal— reúnense para compartir experiencias, falar das súas influencias e explorar as semellanzas e diferenzas entre as dúas gastronomías.
O liderazgo, a motivación do equipo e a conexión entre Galicia e Portugal foron só algúns dos temas que xurdiron nesta charla entre Marco Gómes (Oficina) e Alberto G. Prelcic (Silabario).
Caco Agrasar (As Garzas) e Vítor Matos (Antiqvvm) reflexionan sobre a importancia do produto e sobre o futuro da hostalaría para as novas xeracións.
Identidade, inspiración, creatividade...Juan e Antonio tomaron un bo café Candelas mentres compartían unha charla chea de ideas e reflexións.
A cociña atlántica, a tradición e a innovación unen as cociñas de Arnaldo Azevedo (Vila Foz) e Miguel González (Miguel González).