Un restaurante único, efémero e atlántico

NAVE NOVE é o restaurante pop up que os cociñeiros e cociñeiras Nove abriron en Porto desde o 24 de outubro ao 17 de novembro de 2019 coa finalidade de difundir a gastronomía e a cultura de Galicia máis alá das nosas fronteiras.

Elixiuse Porto por tratarse dunha cidade cunha gastronomía moi afín e por ser unha cidade moi aberta a Europa, moderna, con moita sensibilidade culinaria e interese polos proxectos novos e que conta cun enorme tránsito de xente non só de Portugal senón tamén doutros países.

Nave Nove plantexouse como un experimento. Foi o primeiro restaurante de Nove como agrupación e nel ofreceuse un menú sen egos, sen nomes, elaborado polos 22 cociñeiros e cociñeiras Nove e co sinal de identidade da agrupación como tal. Un reflexo do que a cociña atlántica significa para Nove. A esencia do atlántico e dos produtos galegos ao longo de 9 pratos.

Menú

_ Petiscos
Bivalvos
Caldo de cocido galego

_ Entradas
Salpicón en cru de lumbrigante
Peixe azul marinado, pemento en conserva e escabeche anisado

_ Primeiros
Pescada, cinza de porro, allada picante e mollo verde
Salmonete, caldeirada, berza e ceboliñas

_ Segundos
Vaca curada e conservas en vinagre
Repolo con cogomelos de outono e castaña

_ Sobremesa
Degustación de queixos galegos
Bica de café Candelas, castaña, mazá

_ Petit fours
Rosquillas de anís

Neste proxecto as cociñeiras e cociñeiros Nove, creadores do menú, contaron cun equipo de profesionais que souberon plasmar en Nave Nove toda a esencia do grupo. Desta forma, tanto o equipo de cociña, como o de sala coidaron da nave e fixeron que o resultado do restaurante fose totalmente satisfactorio, ofrecendo aos comensais unha viaxe pola gastronomía galega cen por cen Nove.

Equipo de cociña

Equipo de sala

Co apoio de

Patrocinan

Colaboran