Tras unha aprendizaxe autodidacta e anos de traballo, en 1992 abre xunto a Suso Santiso, A Parada das Bestas, un aloxamento rural e pasa a encargarse do restaurante.
María é capaz de sacar o mellor dos produtos da comarca, fusionando receitas tradicionais coas técnicas máis vangardistas e unha presentación coidada que fixo que obtivera premios a nivel autonómico e nacional.
A súa cociña é unha proposta gastronómica sinxela, baseada na cociña tradicional da Galicia de interior, con produtos propios e de cercanía.
Cal é a túa aposta en NOVE? Conseguir que a gastronomía galega sexa máis sostible. Unha gastronomía que deixe a menor pegada posible na contorna.
Define a túa cociña nunha frase Unha cociña tradicional actualizada sen complexos.