Restaurante A Parada das Bestas
María Varela
Rúa Pidre, 27
27207 Palas de Rei, Lugo
0034 982 183 614
info@aparadadasbestas.com
aparadadasbestas@gmail.com
aparadadasbestas.com
A Parada das Bestas é un restaurante rural, ubicado nunha antiga casa de labranza do século XVIII, no lugar de Pidre. Transmite serenidade e calma e fomenta o contacto coa natureza.
Na cociña sírvense das mellores materias primas de cada tempada, das verduras e hortalizas da súa horta ecolóxica e dos pequenos produtores da zona para poñer sobre a mesa unha cociña honesta e de kilómetro cero, fomentando o traballo en rede e seguindo criterios de calidade e sostibilidade.
Ademais, son criadores de galo de Mos e cociñan moito con queixo de Arzúa Ulloa, produto da zona.