RestauranteO Retiro da Costiña

Manuel Costiña

Estrella Michelin

Sol Repsol

Avenida de Santiago, 12
15840 Santa Comba, A Coruña
0034 981 880 244
info@retirodacostina.com
retirodacostina.com

É este un oasis incrible nunha nobre terra coquinariamente escuálida. De súpeto, no páramo culinario, aparece este retiro como salvación do camiñante que busque, ademais do Finisterrae, un sopro de modernidade gastronómica e de confort hostaleiro, sobre a limitada aínda que respectable rutina da ruta.

Brillan aquí, de xeito especial, os equipamentos ambientais (edificio e decoración de respecto) e equipamentos para o gastronómada esixente: unha cociña de produto ben definida desde os aportes da modernidade por Leonor. E unha adega sorprendentemente rica e positivamente caprichosa.

E todo isto “creado” pola familia García con Manuel no cartel exterior e seu pai na dirección do establecemento. A luminosa excepción.

Profundiza na cociña de Manuel Costiña a través do menú degustación do Restaurante O Retiro da Costiña.

Bono regalo