“Estar rodeado de fogóns marcou o noso futuro, desde moi novos tivemos claro que o que queriamos facer era seguir a tradición familiar no mundo da restauración. Máis de 75 anos hai dende que os meus avós abriron o primeiro restaurante dos García. Dende aquela as cousas cambiaron moito, pero a base da nosa cociña seguen sendo esas receitas tradicionais, ás que lles impregnamos a vangarda da mocidade.”