Restaurante bido

Juan M. Crujeiras

Sol Repsol

Rúa Marcial do Adalid, 2
15005 A Coruña
0034 881 922 847
reservas@bidorestaurante.es

Bido é o novo restaurante de Juan M. Crujeiras. O nome é unha das palabras que existen en galego para referirse ao bidueiro, que forma parte da decoración do restaurante. Localizado no centro da Coruña, a súa filosofía é a cociña “seria, cercana e baseada no produto e no sabor”. “O equipo humano é fundamental, non se podería entender este restaurante sen un equipo que entenda cal é a nosa filosofía: Amor e paixón polo oficio”.

O espazo é amplo, alto, luminoso e acolledor, con dous grandes ventanais que aportan luz natural, onde os materiais máis nobres xogan un papel fundamental. Salienta a iluminación e o mobiliario de deseño, o coiro, a madeira, o mármore, os tons brancos, dourados e negros, que transmiten orde e serenidade. É un restaurante cómodo, sinxelo e funcional. “O concepto é moi xeométrico, mesmo no logo, no que a simetría é moi importante”.

Profundiza na cociña de Juan M. Crujeiras a través do menú degustación do Restaurante Bido.

Bono regalo

Horario

  • De 12.30 h a 17.00 h
  • De 20.00 h a 24.00 h

 Pechado a noite do domingo e luns todo o día.