Estudou Cociña na Escola Pública de Hostalería de Santiago de Compostela. Javi Olleros pertence a unha familia de tradición hostaleira do Grove, herdou o oficio de seu pai, cociñeiro emigrado a Suíza, e o bo facer de súa nai, propietarios do Hotel Mar Atlántico, no Grove.

Durante os catro meses que pechaba o hotel, Javi aproveitaba para facer stages en cociñas de aquí e alá. Estivo en Casa Solla, en Toñi Vicente, con Arola en La Broche (Madrid), con Martín Berasategui, en Bica do Sapato (Lisboa), Balzac (Madrid), Zallo Barri (Gernika), e rematando os seus stages no mundo de Seiji Yamamoto (Tokio).

Olleros levaba catro anos tentando facer algo, ata que montou o seu propio restaurante: Culler de Pau.