Restaurante culler de pau

Javier Olleros

Estrela Michelin

Estrela Verde Michelin

Sol Repsol

Sol Repsol Sostible

Lugar Reboredo, 73
36980 O Grove, Pontevedra
0034 986 732 275
reservas@cullerdepau.com
cullerdepau.com

A ría de Arousa preside a sala dentro dun edificio minimalista no que as mesas da sala, pero tamén a cociña e outros espazos polivalentes, miran dende as amplas xanelas á ría con Ribeira na outra beira, e os illotes de Noro e Vionta como referentes espaciais.

O camiño gastronómico comeza nun lugar privilexiado, onde se concibe cada parte do edificio e da cociña como unha continuación da paisaxe.

O espazo é esencial no seu discurso xa que en Culler son intérpretes do seu territorio, intentando sempre que o comensal sinta a terra usando produtos que veñen dela. En resumo, cociñan a súa contorna. Son unha prolongación do mar e da terra, e o que fan é trasladar todo iso a pratos nos que o sabor é esencial, ao igual que o é divertirse na mesa.

Profundiza na cociña de Javier Olleros a través dos menús degustación do Restaurante Culler de Pau.

Bono regalo