O seu periplo polas cociñas comeza con 18 anos en Tenerife, experiencia que lle valeu para decidirse a matricularse no IES Fragas do Eume á súa volta e así converterse en cociñeiro. Tralo periodo académico, realizou as súas prácticas en restaurantes tan coñecidos como Casa Marcelo, Casa Pendás ou Culler de Pau. Tras estas experiencias, decídese a abrir o seu propio local no ano 2010, O Camiño do Inglés.
A súa cociña é cambiante, de mercado e un pouco canalla; unha mestura dos sabores da súa comarca e das súas viaxes.
A destacar: Gañador do Campeonato de España de Tapas de Salón Gourmets
–
Nominación a Cociñeiro Revelación en Madrid Fusión
–
Nominado a Cociñeiro Novo 2017 no Forum Gastronómico Coruña
Outros proxectos: Josefa’s Bar
R. San Francisco, 17
15401 Ferrol, A Coruña
Cal é a túa aposta en NOVE? Promover a identidade gastronómica de Ferrolterra.
Define a túa cociña nunha frase Unha cociña baseada na interpretación, manipulación e transformación do noso produto apelando á miña memoria gastronómica e ás miñas viaxes.