Daniel Guzmán sempre estivo moi apegado aos fogóns por grandes cociñeiros no seo da súa familia, entre os que destaca a figura de Tito Guzmán. Comezou percorrendo restaurantes da costa catalá para despois volver á capital ourensá a traballar en restaurantes da zona, coma no restaurante A Rexidora con Javier González. Traballou tamén con Marcelo Tejedor e Iván Domínguez en Santiago de Compostela, ademais de adicarse á docencia e á gravación do programa “Ata a Cociña!” de Vtelevisión.

No ano 2012 abre Nova xunto co seu curmán Julio Sotomayor, un restaurante ubicado na súa cidade natal cun único protagonista, o produto.


Cal é a túa aposta en NOVE? Defender a cultura e gastronomía galega e achegar o grupo á sociedade.

Define a túa cociña nunha frase Directa, sinxela e apegada á contorna.