O percorrido gastronómico de Antonio comeza en Cambados no ano 2001 .Tras traballar en Madrid e Vigo, recala nas Rías Baixas para traballar con Pepe Vieira e Casa Solla. Anos máis tarde lánzase co seu primeiro proxecto persoal, o restaurante Pandemonium en Cambados. Tras pechar o Pandemonium pasa breves estancias como xefe de cociña en Ourense e Sanxenxo para posteriormente trasladarse a Ribadeo ao Hotel Araucaria Gastronómico. Alí comeza como traballador ata que en abril do 2022 faise cargo do restaurante do hotel e se embarca no seu segundo proxecto persoal, o restaurante Araucaria Gastronómico.

A cociña de Antonio é unha cociña ecléctica, que mira ao mar pero tamén á horta e que busca explorar na realidade menos coñecida dunha gastronomía histórica galega.


Cal é a túa aposta en NOVE? Unha oportunidade para lograr a visibilidade do noso traballo e unha oportunidade de compartir as nosas vivencias con persoas que, coma nós, conciben a cociña coma un modo de vida.

Define a túa cociña nunha frase Unha búsqueda xenerosa da plenitude.