Restaurante Silabario-A Sede

Alberto González Prelcic

Sol Repsol

Rúa Príncipe, 44
36202 Vigo, Pontevedra
0034 986 07 73 63
info@restaurantesilabario.com
silabario.gal

O Silabario era un antigo caderno para aprender a escribir. Igual que un neno na escola, no noso restaurante partimos das bases da cociña tradicional, guisos pausados, brasas de leña de carballo, repostería artesá… e adaptamos os pratos aos tempos actuais, utilizando as novas técnicas da cociña moderna e empapándonos co bo que vén de fóra, collendo substancia, medrando… facemos unha cociña eminentemente galega, influenciada por todo aquilo que nos rodea e nos enriquece.

Silabario-A Sede está localizado na rúa Principe de Vigo, na cúpula do emblemático edificio do RC Celta, onde era antigo Círculo Mercantil. Todo un símbolo na nosa memoria.

Profundiza na cociña de Alberto González Prelcic a través dos menús degustación do Restaurante Silabario-A Sede.

Bono regalo