Tras diplomarse no Centro Superior de Hosteleria de Galicia, Alberto pasou polas cociñas de Casa Solla ou Arzak, pasando tamén un periodo en Malta.

En 2008 abre o seu propio restaurante, Silabario, conseguindo en 2011 a súa primeira estrela Michelín.

A de Alberto é unha cociña do Baixo Miño, profundamente galega nas súas raíces e que foxe da globalización gastronómica. Unha cociña con sabor a tradición pero con identidade.


Cal é a túa aposta en NOVE? Poñer en valor, conservar e axudar na evolución da nosa gastronomía desde unha óptica sostible e saudable.

Define a túa cociña nunha frase Cociña recoñecible polo imaxinario gastronómico pero con novos matices.