Restaurante Yayo Daporta

Yayo Daporta

Estrela Michelin

Sol Repsol

Rúa Hospital, 7
36630 Cambados, Pontevedra
0034 986 526 062
reservas@yayodaporta.com
yayodaporta.com

O restaurante Yayo Daporta abriu as súas portas no 2005 nun edificio histórico do centro de Cambados, conta cunha estrela Michelín desde 2008 e desde 2015 con dous soles Repsol.

Ofrece unha cociña que definen como cociña galega actualizada, partindo sempre dos mellores produtos ao seu alcance, prestando unha especial atención aos mariscos e aos peixes de tempada, aos que aplican as técnicas de cociña máis axeitadas sen perder de vista a tradición e acompañándoos cos viños da contorna. Unha cociña que se identifica coa súa situación e a súa orixe, Cambados.