Limián de nacemento, tras estudiar en Vigo e percorrer varios restaurantes do País Vasco, Galicia e Portugal, en 2020 decide voltar ás súas orixes e abrir en Ourense Ceibe, o seu proxecto de vida, o lugar onde plasmar a súa propia cociña. Unha cociña marcada pola contorna, o efímero e o espontáneo.
Cal é a túa aposta en NOVE? Empregar a gastronomía como ferramenta para dinamizar a cultura e o territorio galego.
Define a túa cociña nunha frase Unha cociña de raíces galegas, sinxela e directa.