Formado primeiramente co Grado Superior na Escola de Hostelería Lamas de Abade (Santiago de Compostela) e posteriormente, na Escola Superior de Hostelería e Turismo (Madrid), como Técnico en Empresas e Actividades Turísticas, en 2002, recibe o Premio ao Mellor Cociñeiro Galego e en 2004 entra a formar parte do equipo de mestres de cociña do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, actividade que desenvolve varios anos. Despois dunha longa e intensa carreira adquirida en diversos fogóns de Canadá, Reino Unido ou Francia abre o seu propio restaurante.

A cociña de Pepe Vieira constitúe unha arriscada procura da autenticidade, é racial e chea de significado. A denominada “A última cocina do mundo” vai máis alá do culinario e conta unha historia con cada prato. Unha experiencia única que permite descubrir Galicia e as súas orixes a través dunha proposta gastronómica creativa.

Outros proxectos: Restaurante Tasca Ultramar Pepe Vieira
(Padre Amoedo, 1-3
36002 Pontevedra)

Hotel Pazo da Buzaca. Organización de eventos
(Lugar de San Lourenzo, 36
36668 Moraña Pontevedra)

Hotel Paisaxe Pepe Vieira
(Camiño da Serpe, s/n
36992 Raxó, Poio Pontevedra)


Cal é a túa aposta en NOVE? Dende o inicio a aposta por NOVE é moi clara e sempre a mesma: conseguir que a cociña galega se convirta no centro da cociña atlántica. Esa é a razón principal de que NOVE comezase a existir.

Define a túa cociña nunha frase Gustaríame definir a miña cociña con dous termos sinxelos, pero que a marcan de forma definitiva: a sua identidade e a natureza. Nesas dúas ideas englóbase a maior parte da percepción da cociña de Pepe Vieira.