Formado na Escola de Hostalería de Vilamarín, posteriormente seguiu formándose e traballando con grandes profesionais da cociña como Javier González, Pedro Subijana ou Jacques Maximin.
A finais do ano 2018 abre o seu restaurante Miguel González e comeza a poñer en práctica a improvisación na súa cociña. A súa é unha cociña de recordos, de sensacións e de técnica.
A destacar: 2017. Mellor cociñeiro de Tapas por Galicia
–
2018. Gorro de Ouro da Toques
Outros proxectos: Proxecto de I+D+i “A Auga Termal na gastronomía” xunto coa Dra. Sidonia Martínez e a Dra. Reyes Pérez
Cal é a túa aposta en NOVE? Sinto que a miña viaxe en NOVE non ten outro destino que non sexa acompañalos no compromiso de dar a coñecer o noso territorio, as nosas costumes e a nosa cultura gastronómica.
Define a túa cociña nunha frase Cociña inspirada nos sabores e lembranzas do pasado.