Cunha forte tradición gastronómica na súa familia, Miguel decide formarse na escola de hostalería Lamas de Abade para posteriormente traballar no restaurante vasco Zuberoa . Tras esta formación e experiencia, no ano 1995 faise cargo do negocio familiar inaugurado en 1923 pola súa bisavoa e o converte nun restaurante de referencia en Galicia, sendo a cuarta xeración dun restaurante que está a punto de cumprir os 100 anos e que sempre estivo a cargo da súa familia.

A cociña de Miguel é escaparate da gastronomía de Ferrol. A súa aposta baséase nos mellores produtos de Galicia e en fusións innovadoras, ofrecendo un equilibro ideal entre vangarda e tradición.


Cal é a túa aposta en NOVE? Deixar unha profesión mellor de como a atopamos.

Define a túa cociña nunha frase Unha cociña de sabor, de produto, sen fogos artificiais.