Restaurante Ceibe

Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes

Estrela Michelin

Sol Repsol

Rúa San Miguel, 8
32005 Ourense
0034 988 542 580
info@ceiberestaurante.com
reservas@ceiberestaurante.com
ceiberestaurante.es

O 15 de agosto de 2020 nace CEIBE (adx; LIBRE) da man de Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes como unha homenaxe ás tradicionais e humildes casas galegas, onde todo sucedía arredor dunha cociña. Así queren sentirse e facer sentir libres cando visiten o seu fogar.

Cultura, tradición e territorio, son os piares nos que se asenta a súa filosofía. A súa proposta bebe da tradición do antigo recetario galego, pero desde unha perspectiva contemporánea.

Traballando man a man cos produtores e artesáns, respetando sempre os sabores e texturas naturais do produto que lles ofrece a privilexiada contorna de GALICIA. Este é o que marca o ciclo da súa cociña. Unha proposta gastronómica que nos fai viaxar polos recunchos de Galicia onde todo parte desde Ourense.