Moi nova Lucía Freitas trasládase a Bilbao decidida a cursar os seus estudos de cociña da man dos mellores profesionais do País Vasco.Rematado o ciclo, e empeñada en continuar coa aprendizaxe, desprázase a Barcelona, onde da man de Jordi Butrón, Ramón Morató e Angelo Corvitto, coñece os segredos da pastelería, bombonería e xeadería na Escola de Sobremesas de restaurante Espai Sucre (Barcelona).
Posteriormente traballou en determinados restaurantes para seguir aprendendo todo aquilo que máis lle interesaba: no “ Celler de Can Roca (Xirona), para coñecer de primeira man a pastelería de Jordi Roca; no restaurante o “Bohío” (Illescas) aprendeu todo o referente ao mundo das carnes e da casquería da man de Pepe Rodríguez; pero foi en Mugaritgz (Errenteria- Gipúzcoa), onde descubriu o mundo verde e as hortas e onde se impregnou da filosofía e dos valores que rodean ao produto de proximidade que tanto caracterizan hoxe o seu traballo.
Con todo, foi o seu paso pola prestixiosa “Relais & Chateau” como xefa de pastelería do seu restaurante “Tápies” (Lérida), o que lle deu a visión máis económica e estratéxica da gastronomía como negocio.
Despois dunha estancia na cociña do restaurante Bens d`Avall (Mallorca), decide voltar á súa terra natal e facer realidade o seu soño: abrir o seu propio restaurante chamado A Tafona (Santiago de Compostela), que naceu como unha casa de comidas na que pretendía abrir a todo o público unha cociña máis elaborada. Aos tres meses da súa apertura, gaña o seu primeiro premio no concurso de tapas da cidade (o máis prestixioso de Galicia e que gañou 5 veces máis).
No ano 2016 obtivo o segundo posto no concurso nacional “Cociñeiro do Ano”. Nese ano iníciase tamén o proxecto “Tomiño” en Nova York, que supuxo para ela a internacionalización da súa cociña galega máis tradicional, abrindo en 2017 e conseguindo en 2018 o seu primeiro premio, o “ Bib Gourmand” da prestixiosa Guía Michelin.
En 2017 refórmase “A Tafona” cambiando o concepto gastronómico e eliminando o menú do día, quedándose unicamente con 5 mesas e obtendo, só un ano despois, a súa primeira estrela Michelín. Unha semana máis tarde, abre LUME (Santiago de Compostela), un novo concepto de barra gastronómica na que cociñar sen etiquetas, “ slow food a lume de carozo”, e que posicionou a Lucía como unha das mellores empresarias gastronómicas en España.