Julio Sotomayor sempre estivo moi apegado aos fogóns por grandes cociñeiros no seno da súa familia, entre os que destaca a figura do seu tío Tito Guzmán e a súa avoa materna. Con 23 anos tomou os mandos da cociña do Mosteiro de San Clodio. Despois estivo como chef executivo na apertura do Hotel Talía no corazón de Praga. En Cataluña traballou con Santi Santamaría e Iván Solá no mítico e desaparecido Can Fabes en Sant Celoni e dirixiu dous cociñas do Grupo Paradis, para rematar o seu periplo no Hotel Castell D’Empordá.
No ano 2012 abre Nova xunto co seu curmán Dani Guzmán, un restaurante situado na súa cidade natal cun único protagonista, o produto.
Cal é a túa aposta en NOVE? Afianzar os camiños necesarios para que os novos profesionais galegos poidan seguir mirando cara Galicia no futuro, incrementando así unha identidade diversa dentro da nosa comunidade.
Define a túa cociña nunha frase Cociña emotiva, reflexiva e con arraigamento.